Está vostede aquí: Inicio > Mancomunidade > Corporación

 
 
 
 
Presentación da Mancomunidade  
 
 
 
A Mancomunidade Terra Chá é unha institución pública nacida en 1984 da man dos municipios de Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei.

Unida baixo o esforzo dos seus diferentes rexidores municipais, a súa principal función é a prestación de servizos mancomunados en materia de asistencia social, turismo, transporte, seguridade e, en xeral, todo aquelo que poida servir para a mellora da calidade de vida dos cidadáns e a promoción da Mancomunidade.

 

Actualmente a institución está formada polos seguintes mandatarios municipais:
 
         D. Armando Castosa Alvariño
         Alcalde Concello Cospeito e actual Presidente da Mancomunidade
 
         D. Primitivo Iglesias Sierra
         Alcalde Concello A Pastoriza
 
         D. José María López Rancaño
         Alcalde Concello Abadín
 
         D. Juan José Díaz Valiño
         Alcalde Concello Castro de Rei
 
         D. José Pardo Lombao
         Alcalde Concello Outeiro de Rei
 
 
       
 

 

Breve historia dos Concellos  
   
   
   
 
 
 
 
Nos séculos V e VI os habitantes das Illas Británicas penetraron pola fouce marítima de Foz e do val do Masma, sobrepasando os montes que limitaban co actual municipio de A Pastoriza para asentarse finalmente nunha ampla chaira, que a partir de entón foi coñecida como Britonia. A invasión musulmá do século VII ocasionou finalmente a destrución deste centro. En 1840 a localidade pasa a ter a súa actual denominación: A Pastoriza.
 
 
 
 
 
 
   
 
   
   
   
   
 
 
 
 
Do paleolítico quedan vestixios en Xestido-O Catadoiro, na parroquia de Labrada. Existen mámoas e dólmenes en Pena Abaladoira e, tamén, na mesma parroquia, Petitone, ademáis do dólmen de Romariz. A presenza romana pódese constatar nos pedregais auríferos consecuencia dos traballos da extracción de ouro. Sobre o outorgamento do nome de Abadín, existe un documento dos monxes de Meira con data do 3 de decembro de 1254, dándolle polo abad Hemerico carta da poboación á Granja de Vilarente.
 
 
 
   
   
   
   
 
 
 
 
Estas terras durante a época castrexa rexistraron unha importante ocupación do espazo xeográfico como así o testemuñan os numerosos castros que hoxe en día pódense observar. De feito aínda se conservan máis dunha vintena de estacións castrexas, algunhas de suma importancia como o é o Castro de Viladonga ou o de Duarría, no cal foron achados interesantes restos.
 
 
 
No século XVI foi levantado o castelo de Castro de Rei, que lle deu nome, brasón e escudo á vila, atribuíndoselle a propiedade do mesmo ao conde de Lemos. O castelo, que co núcleo de poboación, estivo rodeado de murallas, conservouse en pé ata 1941, ano no que desapareceu.
 
 
 
 
   
   
   
   
 
 
 
 
Durante o Medievo, aparece a figura do amo da Pena de Cospeito, Ruy López de Aguiar, dono de numerosas terras na zona. As restantes terras do municipio, ao longo deste período histórico, foron pertenza case de maneira total dos Andrade.
 
 
 
As terras do municipio dividíronse posteriormente en coutos e xurisdiccións, reparto que subsistiu ata a moderna configuración territorial. Outro vestixio máis do pasado feudal de Cospeito é a fortaleza da Barreira, ubicada en Santa María de Cospeito, que foi dominio do xa citado Ruy López de Aguiar.
 
 
 
Aproximándonos a tempos máis recentes cabe sinalar que en Cospeito construíronse tres antenas levantadas por soldados do III Reich en 1940. Unha delas esborrallouse fai algúns anos. As outras dúas mantivéronse en pé, ata que os fortes temporais de vento que azotaron Galicia, e moi especialmente Terra Chá, no inverno de 2009, provocasen a súa caída.
 
   
   

 

   
 

 

   
   
 
 
 
 
A poboación castrexa (800 a.C.-100 d.C.) deixou varios castros como o Castro de Candai, ubicado nos límites das parroquias de Aspai e Candai. Os romanos (60 a.C.- 410 d.C.) encargáronse da romanización de varios dos castros existentes no Municipio como o castro de Tourón (Guillar) ou o castelo do Picato (San Lourenzo de Aguiar) e tamén da construción de dúas vías que atravesaban o municipio.
 
 
 
Durante o período medieval (s. VIII-XV) esta localidade viviu o seu máximo esplendor. Vinculado á casa señorial de Lemos, levantáronse as fortalezas de Outeiro de Rei, Taboi e Sobrada, testemuñas de numerosos sucesos baixo medievais. Converteuse en lugar de residencia apetecido para os nobres e tamén para a pequena hidalguía, o que provocou unha importante concentración de casas señoriais como casa-torre da Barreira ou o pazo de Mirapeixe (Santa Mariña).
 
   
   
 
   
   
 

 

   
   
   
 

 

   
   
   
       
 
 
 
 
 
 
© Mancomunidade Terra Chá. Todos os dereitos reservados.